top of page
Elena Villar

Uso, abuso e adicción


Este mércores visitounos en 4º de Secundaria Gerardo Rodríguez, representante de Agalure, para falar connosco das adiccións sen substancia. Captou de inmediato a nosa atención e puidemos disfrutar dunha agradable charla na que se abordaron temas como a probabilidade de gañar nun deporte ou nun xogo, a influencia real das nosas habilidades ou do azar nesa probabilidade, de tolerancia e abstinencia,... Aprendimos que entre uso, abuso e adicción hai unha fina liña que, de non estarmos alerta, pode cambiar a nosa vida a peor. De todas formas, tamén nos explicou que deste tipo de adiccións se sae, sempre que a persoa afectada tome a decisión de saír. E para axudar no proceso está a asociación Agalure. Desde aquí vai o noso agradecemento a quen forma parte da solución a este doloroso problema.

109 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page