Estimadas familias:
Con esta circular, queremos informarvos da nosa fonda preocupación pola nova lei educativa, a LOMLOE, máis coñecida como Lei Celaá, que se está a debater actualmente no Parlamento, en plena pandemia da COVID-19, cando as preocupación das familias e de toda a sociedade son outras moi distintas.
No canto de aprazar os debates da Lei a outro período máis oportuno, o Goberno preferiu aproveitar para celebrar a súa nova Lei, sen debate e sen consenso e introducir cambios de gran calado no seu articulado que dotan as administración de facultades cada vez máis amplas, desprazando a respoonsabilidade das familias como primeiras educadoras dos seus fillos.
De feito, a LOMLOE elimina a demanda social e permite distribuír o alumnado por centros, reducindo significativamente a capacidade de elección das familias do colexio que queren para os seus fillos, sendo este un dereito avalado pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, esta lei devalúa o ensino da materia de Relixión na escola e pon en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial, entre outros preocupantes aspectos.
A LOMLOE afecta a máis de 260.000 profesionais, docentes e non-docentes, que ven perigar a continuidade dos seus postos de traballo; aos 4 millóns de familias ás que se lles limita o dereito a elixiren o tipo de educación que mellor se adecúa ás necesidades dos seus fillos e ao proxecto educativo co que se identifican; a máis de 3 millóns de alumnos e alumnas, que elixen voluntariamente cursar a a materia de Relixión en centros públicos e privados; todo isto englobado en máis de 9.300 centros da rede concertada e privada que ven perigar a súa continuidade e función social.
En definitiva, a LOMLOE afecta ao noso colexio, ao noso profesorado, ás nosas familias e ao noso alumnado, directamente, aféctanos a todos e a todas.
Por iso pedimos que vos sumedes á campaña que leva por título:
“Máis plurais, Máis libres, Máis iguais. Cara a unha escola realmente inclusiva, con todos e para todos”
Na páxina web www.masplurales.es propóñense unha serie de iniciativas, como a recollida de sinaturas en contra a Lei Celaá e a prol da convivencia dos diferentes modelos educativos e dos dereitos recoñecidos na nosa Constitución.
Animámosvos a que asinedes o Manifesto de apoio á campaña e reiteramos a importancia da súa difusión. Precisamos un mínimo de 300.000 sinaturas.
No noso colexio, e seguindo o modelo de masplurales, decidimos sumarnos ás seguintes iniciativas propostas desde Escolas Católicas:
Asinar o manifesto que se encontra na páxina www.masplurales.es
Colocar un lazo laranxa na fachada do colexio.
Difundir o kit da campaña (cartelería, vídeo, lazos…) nas páxinas web, redes…
Animar á comunidade educativa a levar o lazo laranxa de forma visible e a difundir a campaña o máximo posible entre a sociedade.
Os mércores, o persoal do Centro e todos os que queirades sumaros a esta iniciativa, levaremos durante a xornada escolar unha máscara de cor laranxa.
Convidámosvos a colaborar nesta campaña porque a todos -familias, centros, docentes e alumnado- nos une o mesmo obxetivo: un sistema sistema educativo de calidade que contribúa a unha sociedade mellor, plural e inclusiva.
Grazas pola vosa colaboración.
Comments